Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurocidade Tui-Valença acolle en setembro o MUMI 2021, Músicas no Minho 2021

Undefined

Hoxe mércores presentabase no Arquivo municipal de Valença o MUMI 2021, o encontro profesional das  músicas do Minho, que se celebrará do 9 ao 11 de setembro. O facían o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o presidente da Cámara municipal de Valença, Manuel Rodrigues Lopez, e representando á organización do MUMI, César Cardoso e Manuel Vicente Roxo.

Mañá preséntase o MUMI 2021

Undefined

Mañá mércores, 5 de maio, ás 11 hora galega terá lugar no Arquivo Municipal de Valença a presentación do MUMI, Música no Minho, 2021.A feira reunirá do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués-

A presentación mañá correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a  César Cardoso e Manuel Vicente Roxo organizadores do MUMI 2021.

MUMi

O MUMi - Músicas no Minho terá lugar nos días 9, 10 e 11 de setembro de 2021 na Eurocidade Tui - Valença, mantendo as condicións para que as oportunidades e boas prácticas entre o sector da música en Portugal e Galicia se concreticen.

135 Anos da Vella Ponte Internacional

Undefined

O 25 de marzo de 1886 tivo lugar a inauguración da vella Ponte Internacional Tui-Valença. Simboliza o vínculo historio das relacións entre Tui e Valença, e é unha icona das relacións entre España e Portugal. Máis que unha ponte esta infraestrutura é o balcón con mellores vistas e o maior cómplice de este territorio.

Proxecto Unicidade cofinanciado polo programa Interreg VA 2014-2020 España-Portugal

 

Exposición conmemorativa do 135 aniversario da vella ponte internacional Tui-Valença

Undefined

O Concello de Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella Ponte Internacional Tui-Valença. A  mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal.  A exposición, que recupera material dunha anterior exposición,  realiza un percorrido polo proceso de deseño e construción da Ponte Internacional sobre o río Miño. Tamén se amosa unha maqueta da ponte unindo as dúas cidades integran a mostra.

A Eurocidade de Tui - Valença de 9 a 11 de setembro o MUMi - Músicas no Minho

Undefined

O MUMi é o primeiro mercado profesional de música e cultura organizado polos dous territorios ibéricos e promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade