Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

IV Concentración Internacional Tui-Valença Festival Moteiro Eurocidade

Do venres 20 ao domingo 22 de setembro vaise celebrar no antigo Camfran, na avenida da Concordia en Tui. a VI Concentración Internacional Tui-Valença Festival Moteiro Eurocidade. No programa previsto haberá concertos, gastronomía, rutas en moto e diversas exhibicións. Así haberá un Stunt Show a cargo dos acróbatas Plácido 666, exhibición de Tania 72 piloto de R3, e a escola de pilotos Jorge Lorenzo Competición, tamén haberá exposición de coches.

VII Torneo de Tenis da Eurocidade

Do 12 ao 29 de setembro vai disputar o VII Torneo de Tenis da Eurocidade Tui-Valença. Xogarase nas pistas de tenis de Areas e nas da Piscina Municipal de Valença.

A inscrición está aberta até o 1 de setembro en 658 866 403, no ibertenis.com ou no facebook tenistui.asociacion. É gratuíta para os menores, para individuais ten un prezo de 5€, e 8€ para dobres. 

O VII Torneo Eurocidade de Balonmán dispútase este sábado en Tui

Undefined

Este sábado, 17 de agosto, ás 20.30 horas españolas, celebrarase no novo pavillón deportivo municipal de Tui, o VII Torneo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán. No mesmo vanse enfrontar o Acanor Atlético Novás, de división de prata nacional, e o ABC Braga, da primeira nacional portuguesa.

Previo a este encontro, ás 18 horas, o equipo sénior do Club Balonmán Tui xogará contra o equipo B do Acanor At. Novás.

1º Clinic Internacional de Entrenadores de Baloncesto Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui - Valença acolle o  1º Clinic Internacional de Entrenadores de Baloncesto Eurocidade Tui-Valença. Celebrarase o sábado 6 no pavillón municipal de Valença e o domingo 7 no pavillón municipal de Tui. 

As inscricións até o mércores 3 teñen un prezo de 15€ un día, 20€ dous días, e logo desa data o prezo será de 20€ un día , 30€ dous días.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade