Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dobre proposta musical para esta semana en Tui coa IV AIS e o VII IKFEM

15/07/2019

Xacobe Martínez Antelo Trío actúa na praza de San Fernando e Davide Salvado no Centro Interfederado

O “Verán na rúa” do Concello de Tui ofrece esta semana dobre proposta musical da man da IV AIS, Aula Internacional de Saxofón, e do VII IKFEM, o Festival Internacional de Teclado da Eurocidade Tui-Valença.

A IV Aula Internacional de Saxofón comezou onte á noite co concerto a cargo de Multiplensemble onte á noite na igrexa de San Domingos. Até este mércores unha véntena de alumnos amplían a súa formación en safoxón nas masterclasses impartidas polo profesores Xosé Luis Miguélez, gañador dos premios Martín Codax ao mellor disco de jazz; Rafael Yebra, profesor catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e Kyle Horch, profesor catedrático do Royal College de Londres, que ofrece en Tui a súa primeira masterclass en España.  A organización corresponde ao Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asociación Frey Rosendo Salvado.

Hoxe luns, ás 20.30 h, na praza de San Fernando dentro desta IV Aula Internacional de Saxofón  estará en concerto Xacobe Martínez Antelo Trío. Presentarán “Capturas” nun concerto a cargo de Xosé Martínez Antelo no contrabaixo, Xosé Miguélez no saxo tenor e Max Gómez á batería.

Mañá martes, ás 21 h, na Igrexa de San Domingos Kyle Horch e Rafael Yebra presentarán un programa de música contemporánea coa estrea absoluta dunha obra do compositor galego Xesús Xosé Iglesias González. Clausurará os concertos Sax Inflexión o mércores 17, ás 20.30 h, no palco da música no Cantón de Diómedes, no Paseo da Corredoira.

Por outra parte os “Concertos no Miño”, preámbulo do IKFEM, recalan hoxe en Tui. A cita será ás 21 h rúa Olímpicos Tudenses, onde o escenario se situará na parte dianteira da gradas fronte ao Centro Interfederado de Remo e Piragüismo. Davide Salvado presenta o seu novo espectáculo “Amarelo” xunto a Pedro Pascual, acordeón diatónico, bouzouki e guitarra e Pablo Pascual, clarinete baixo.  No concerto interpretarán cancións tradicionais galegas e doutras partes do mundo reinterpretadas dende unha óptica contemporánea. Davide Salvador, unha da voces máis carismáticas de Galicia, recibiu en 2017 o premio Martín Códax ao mellor proxecto de música tradicional.

O Concertos no Miño rematan mañá en Valença con Mineus Dúo. Xa o mércores comeza a programación oficial do festival. Será no Teatro Municipal de Tui ás 21 h co espectáculo “O Fiadeiro”. O programa completo a celebrar até o domingo pode consultarse en www.ikfem.com. O IKFEM está organizado por Xuventudes Musicais Eixo Atlántico.

Programación “Verán na rúa”

Xullo

“IV Aula Internacional de Saxofón”

  • Luns 15 ás 20.30 h na praza de San Fernando
    • Concerto de Xacobe Martínez Antelo trío. Xosé Miguélez, saxofón; Xacobe Martínez, contrabaixo e Max Gómez, batería.
  • Martes 16 ás 21 h na Igrexa de San Domingos          
    • Concerto de Kyle Horch e Rafael Yebra
  • Mércores 17 ás 20.30 h no Palco da Música no Cantón de Diómedes
    • Concerto de Sax Inflexión

Concertos no Miño – IKFEM

  • Luns, 15 de Xullo
  • Ás 21 h fronte ao Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses
    • Davide Salvador “Amarelo”. Cancións tradicionais galegas e tamén doutras parte do mundo reinterpretadas dende a óptica contemporánea que caracteriza a Davide.
  • Martes, 16 de xullo
    • Ás 21h no Largo Visconde Guarativa na Fortaleza de Valença
    • Mineus Dúo. “Cruzando o Miño: cancións de Galicia e Portugal

IKFEM

  • Mércores, 17 de xullo
    • Ás 22 h  no Teatro Municipal de Tui
      • O Fiadeiro. Espectáculo de O Fiadeiro e ESADg que une teatro, música tradicional e baile.
  • Xoves, 18 de xullo
    • Ás 20 h no Seminario Menor de Tui
      • Son de Acacias & O Son dos Cantares. Co gallo do 60 aniversario do Seminario Menor de Tui  celebrarase un concerto benéfico de corais. Entrada 10€
    • Ás 22 h na Catedral de Tui
      • La Ritirata. Concerto de música antiga onde o órgano e a triosonata daranse a man.
  • Venres, 19 de xullo
    • Ás 12 h na Catedral
      • Concerto Talentos IKFEM. Alumnos das Master classes de IKFEM en órgano e clave. 
    • Ás 17 h na praza da República na Fortaleza de Valença
      • Paula Ríos. 200º aniversario da compositora, pianista e pioneira Clara Wieck-Schumann 
    • Ás 18 h no Arquivo da Fortaleza de Valença
      • Mesa Redonda: Unha Ponte Entre a Moda Española e Portuguesa
        Concerto Talentos Ikfem. Alumnos das Master classes de IKFEM en piano jazz, acordeón e canto acompañados en combo.
    • Ás 20.15 h na vella Ponte Internacional Tui-Valença
      • Fashion Bridge. Desfile de moda con deseños de Ágatha Ruiz de la Prada, e Katty Xiomara, acompañado de música en directo.
    • Ás 23 h no Paseo Fluvial de Tui
    • Omiri. Espectáculo electro-folk de reinvención da música tradicional portuguesa por Vasco Ribeiro Casal. 
  • Sábado, 20 de xullo
    • Ás 16 h no Arquivo da Fortaleza de Valença
      • Conferencia de Juan Durán. “Sinfonismo galego do século XX e XXI”
    • Ás 17 h na praza da República da Fortaleza de Valença
      • Teclistas da Eurocidade. Alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia de Música Fortaleza de Valença.
    • Ás 18 h no Arquivo da Fortaleza de Valença
      • Mesa Redonda “Cultura e Internacionalización: Local versus global” sobre as relacións culturais entre España e Portugal.
    • Ás 19 h na praza da República da Fortaleza de Valença
      • Talentos IKFEM. Alumnos das master classes de IKFEM en piano, canto lírico e zanfoña.
    • Ás 23 h na praza da República da Fortaleza de Valença
      • Pedro Moutinho presenta o seu álbum “Um Fado ao Contrário” xunto a outros temas destacados da súa discografía cunha formación en quinteto, con piano.
  • Domingo, 21 de xullo
    • Ás 11.30 h no Teatro Municipal de Tui na Área Panorámica
      • Cinema “O amor e morte.Historia de Enrique Granados”. Documental dirixido por Arantxa Aguirre que recrea a historia apaxionante e tormentosa do compositor Enrique Granados na Barcelona de finais do século XIX e principios do XX
    • Ás 16 h no Arquivo da Fortaleza de Valença
      • Charla Taller “Dalle á manivela” sobre música mecánica e fonografía a cargo de Germán Díaz.
    • Ás 18.30 h na igrexa de Santo Estevão na Fortaleza de Valença
      • Gabriel Alonso e Margarita Viso. Compositores da canción lírica galega como Juan Durán, Chané e Baldomir.
    • Ás 22 h no Teatro Municipal de Tui na Área Panorámica
      • Orquestra da Eurocidade Tui-Valença, dirixida por Maurizio Moretti, e con Stephan Moöller e Marta Menezes ao piano.
      • A través da linguaxe universal da música únense dúas culturas, cun concerto de piano e orquestra dedicado a Mozart e Clara Schumann. 

Máis info en www.ikfem.com