Extracto do acordo Pleno en sesión ordinaria de 28 de maio de 2020, pola que se aproban as "Bases reguladoras do programa municipal de axudas extraordinarias de Emerxencia "Reactiva Tui", dirixidas ao mantemento do tecido empresarial municipal"
Bases Reguladoras do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia “Reactiva Tui” e anexos publicadas no BOPPO nº109 do martes, 9 de xuño de 2020.
O Pleno da Corporación deste concello, en sesión de data 28 de maio do 2020, aprobou as “Bases Reguladoras do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia “Reactiva Tui” dirixidas ao mantemento do Tecido Empresarial Municipal” e anexos, expoñéndose as mesmas no Boletín Oficial da Provincia (09062020), no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na páxina web do Concello de Tui (www.tui.gal).
O extracto da convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, cuxa publicación iniciará o prazo de presentación de solicitudes a partir do primeiro día hábil seguinte.
Impresos de solicitude de axudas ao abeiro da Ordenanza de Emerxencia Social.
Bases e anexos da convocatoria das Axudas na Área de Rehabilitación Integral do Concello de Tui.
Faise pública a concesión das bolsas a deportistas tudenses de alto nivel, conforme ao baremo establecido nas bases da convocatoria, para o ano 2016.