Marga do Val e o Tyde FC recoñecidos co Premio Cidade de Tui 2026
Marga do Val e o Tyde FC recibiron o pasado sábado no Teatro Municipal de Tui os premios Cidade de Tui deste ano 2026.
Un galardóns, que tal e coma lembrou o alcalde, Enrique Cabaleiro, na súa intervención naceron da convicción e da responsabilidade de “recoñecer a todas aquelas persoas e institucións que ao longo da súa vida amosaron un especial compromiso con esta cidade, un especial compromiso coa veciñanza de Tui”.




