Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui abre o Setembro Xudeu cunha exposición sobre os sambenitos

Undefined

Tui inaugura mañá xoves a programación do Setembro Xudeu coa apertura da exposición “Os sambenitos da Catedral de Tui: historia, memoria e infamia”. Esta mostra, organizada polo Concello de Tui, chega á cidade logo de ser presentada no pasado mes de xaneiro no Centro Sefarad, en Madrid, e visitar posteriormente as cidades de Llerena e Ávila, integradas, como Tui, na Red de Juderías de España.

Carmen Manso ofrece o próximo martes unha conferencia sobre a Catedral Medieval de Santa María de Tui

Undefined

O próximo martes, 18 de agosto, ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela terá lugar a conferencia “La catedral medieval de Santa María de Tui”  a cargo da investigadora Carmen Manso Porto. Esta actividade forma parte do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que promove o Instituto de Estudios Tudenses este verán.

Tui acolleu a ultima sesión das XVII Leccións Xacobeas da Universidade de Santiago

Undefined

As XVII Leccións Xacobeas Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, USC, celebradas en Santiago do 20 ao 22 de xullo, tiveron a última das súas sesións de traballo en Tui. Foi onte xoves ao longo da xornada reforzando a importancia da cidade como porta de entrada a Galicia do Camiño Portugués.

Visita guiada da profesora Marta Cendón Fernández titulada “Las huellas de 800 años de arte en la catedral de Tui”

Undefined

O próximo martes, 28 de xullo, continúa o ciclo Coñece o noso patrimonio que organiza o Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Será cunha nova visita, nesta ocasión a cargo da catedrática e profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández titulada “Las huellas de 800 años de arte en la catedral de Tui”. Esta visita comezará no pórtico da catedral.

O Instituto de Estudos Tudenses promove unha nova edición do programa “Coñece o noso patrimonio”

Undefined

Nos meses de xullo e agosto celebrarase unha nova edición do programa “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses que conta coa colaboración das concellerías de Turismo e Patrimonio e de Cultura do Concello de Tui.

Tras o éxito acadado nos últimos anos este verán “Coñece o noso patrimonio” abrangue un total de sete actividades e visitas guiadas a elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto.

Relicario dialoga coa memoria, o patrimonio e a beleza na Catedral de Tui

Undefined

Até finais do mes de setembro a Catedral de Tui acolle a instalación artística “Relicario” obra do tudense Carlos Fer dentro dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración do templo catedralicio.

Onte á tarde tivo lugar a inauguración nun acto no que interviron o alcalde, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente; o deán da Catedral, José Diéguez; o director do museo Tude, Santiago Vega; e o propio artista, Carlos Fer.

A Catedral volve iluminar as noites tudenses

Undefined

A Catedral de Tui ilumínase de novo como un faro na noite tudense e deste territorio transfronteirizo. Onte á noite tiña lugar o acendido das novas luminarias que realzan o templo tudense dende o Pórtico gótico, o primeiro en iluminarse cada noite, coma as torres, as campás, a fachada norte, o pazo episcopal, ou os pequenos detalles coma as marcas dos canteiros, as inscricións, e os reloxos de sol que podemos atopar na súa pedra.

O luns ás 19 h inaugúrase “Relicario” de Carlos Fer na Catedral

Undefined

O próximo luns, 29 de xuño, ás 19 h terá lugar na Catedral de Tui a inauguración da instalación artística “Relicario” do tudense Carlos Fer.

A obra foi creada especificamente para este lugar con motivo da conmemoración dos oitocentos anos da consagración da catedral. Permanecerá no templo até finais de setembro.

No acto inaugural participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla; representantes do Cabido da Catedral, o propio artista Carlos Fer, xunto a outras autoridades.

Páxinas

Subscribirse a RSS - 800 Catedral