Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Máis de 300 persoas activan corpo e mente grazas a dous programas promovidos polo Concello de Tui

Undefined

Un total de 345 persoas beneficiáronse esta temporada dos programas Cultiva a Mente e Coida o Corpo promovidos polo Concello de Tui e impartidos por AFAGA. Estes dous proxectos promoven o envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos, impulsan espazos de socialización e fomentan a súa autoestima. Realízanse en todas as parroquias de Tui: Areas, Baldráns, Caldelas de Miño, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pesegueiro, Randufe, Rebordáns e Ribadelouro. 

Aberto o procedemento para adxudicar as cinco vivendas municipais en Caldelas destinadas a alugueiro social

Undefined

O Concello de Tui ven de iniciar o procedemento para adxudicar as cinco vivendas rehabilitadas no edificio municipal, no barrio do Monte, en Caldelas para destinalas a alugueiro social.  Durante un prazo de vinte días naturais, contados dende onte, cando se publicou o anuncio no BOPPO, pódense presentar as solicitudes, no modelo dispoñible na web municipal ou na casa do concello, para a inclusión na Listaxe de demandantes de vivenda de alugueiro social.

O Concello de Tui reafirma o seu compromiso co envellecemento activo

Undefined

A Ribeira de Caldelas acolleu esta semana as “Olimpíadas Senior” coa participación das 165 persoas usuarias do programa Coida o Corpo impulsado polo Concello de Tui. Foi un encontro deportivo con distintas probas por equipos, buscando potenciar o exercicio físico a través do xogo, a superación persoal e o sentimento de pertenza ao grupo. 

Os encontros tiveron lugar en dúas xornadas, o luns 25 e o mércores 27, onde os usuarios e usuarias se dividiron en 11 grupos para realizar as probas nun contexto lúdico e nunha contorna natural privilexiada.

300 alumnos e alumnas asisten á primeira proxección de O Cine nas Aulas

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolleu esta mañá a primeira das proxeccións deste curso do programa “O cine nas Aulas”.  A través do Servizo de Prevención de Drogodependencias o Concello de Tui, oferta esta actividade aos centros educativos de Primaria e Secundaria na que empregando o cine coma ferramenta se abordan diferentes temáticas incidindo na prevención.

Tui acolle dúas formacións sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade

Undefined

Vías de regularización, dúbidas legais, reagrupamento familiar, nacionalidade española por residencia, trámites administrativos... son algúns dos temas que se van abordar nas dúas sesións informativas que imparte Accem este venres 7 de novembro en Tui. 

A primeira será a formación en materia de estranxeiría de 10 h a 11.30 h na aula CEMIT, no edificio Francisco Sánchez. Nesta sesión resolveranse dúbidas legais das persoas participantes, arraigamentos, reagrupamento familiar, modificacións, renovacións e competencias clave para iniciar trámites administrativos. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais