Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En Nadal Tui #QuereTui

“En Nadal Tui QuereTui” é o lema da campaña de bonos agasallo promovida por empresarios tudenses coa colaboración do Concello de Tui. 

O obxectivo da Campaña “En Nadal Tui QuereTui” é contribuír a paliar os efectos do peche da hostalería, as perdas no sector turístico e a baixada de ventas no comercio. As empresas que, tradicionalmente veñen celebrando as ceas de Nadal e que este ano non se poderán celebrar, poderán nestes tempos de pandemia agasallar aos seus traballadores e traballadoras con bonos para desfrutar en establecementos comerciais e de restauración e aloxamento de Tui. A iniciativa partiu dos empresarios de Coplegal S.L, Jesús Vaz e Manuel González.

Os establecementos  de Tui que estean interesados en participar nesta iniciativa poden adherirse até o domingo 13 de decembro cumprimentando o formulario dispoñible na web municipal www.tui.gal. 

Mentres as empresas que desexen agasallar aos seus traballadores e traballadoras con este bonos poderán optar entre:

  • AGASALLA COMERCIO LOCAL, para o que se deben pór en contacto con ACITUI ( 986 60 75 56 - acitui@acitui.es),
  • AGASALLA HOSTALERÍA E ALOXAMENTO para o que se deben dirixir a EMPRETUI ( 604 03 27 31 - info@empretui.com)

solicitando o número de tarxetas que precise co importe que desexe. Logo a persoa beneficiara terá até xuño de 2021 para consumir o importe íntegro da tarxeta nun único establecemento entre os que figuren na listaxe de adheridos á campaña. 

Os beneficiarios destes cheques terán até o 30 de xuño para desfrutar do seu bono en Tui. As papeletas son numeradas e en ningún caso poden ser intercambiadas por diñeiro en efectivo.