Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Aula CEMIT acollerá o 22 e 23 de decembro o Campamento Dixital da Fundación Cibervoluntarios

Undefined

A Aula CEMIT de Tui acollerá o luns 22 o martes 23 de decembro o Campamento Dixital da Fundación Cibervoluntarios en colaboración co Concelllo de Tui.  Celebrarase en horario de 9 a 14 h dirixido a nenos e nenas de 9 a 13 anos que nesta formación gratuíta poderán adquirir competencias dixitais básicas.

O grupo ParTUIcipando reclama no Parlamento Galego unha internet máis segura

Undefined

 Representantes do grupo de participación infantil e xuvenil do Concello de Tui, ParTuicipando, acudiron onte ao Parlamento Galego onde se celebrou o XIII Foro de Participación Infantil e Adolescente Parlamento de Galicia-UNICEF para conmemorar o Día Mundial da Infancia. 

O acto estivo presidido por Elena Candia, vicepresidenta 1ª da Cámara galega, e contou coa participación do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, e da presidenta de UNICEF Galicia, María Montalvo, xunto a representantes do grupos parlamentarios. 

Tui conmemora o Día Mundial da Infancia cun Pleno Infantil e Xuvenil sobre os dereitos dixitais

Undefined

Con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora cada 20 de novembro, esta mañá no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela o Concello de Tui celebrou un Pleno Infantil e Xuvenil, coa participación da meirande parte dos centros educativos do municipio.

A Aula Cemit de Tui acollerá un dos seminarios do Día de Scratch

Undefined

A Aula CEMIT de Tui acollerá un dos seminarios do Día de Scratch,  organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG. Esta iniciativa busca achegar á rapazada ao mundo da programación dun xeito lúdico e práctico.

Boas Vibes situará a Tui como centro da cultura xuvenil para pechar o verán

Undefined

A mocidade será a gran protagonista este sábado 6 de setembro en Tui, coa celebración do Festival Boas Vibes na Alameda de San Domingos. Un punto de encontro entre persoas novas, creatividade e cultura na segunda edición deste festival.

A programación comeza ás 11 h coa apertura dos postos do Mercado Creativo, onde se amosará o talento novo en produtos e pezas de arte, artesanía, ilustración, moda, música, cerámica, xoiería, decoración ou literatura.

Tui impulsa a participación infantil e xuvenil a través do grupo ParTUIcipando

Undefined

O grupo municipal de participación infantil e xuvenil ParTUIcipando está aberto a novas incorporacións. Vai dirixido a rapazas e rapaces con idades entre os 9 e os 17 anos que neste espazo poderán expresase libremente, compartir ideas e construír propostas reais para mellorar a cidade, tendo en conta os seus dereitos e necesidades.

Así a través do grupo ParTUIcipando a mocidade pode participar en actividades creativas e dinámicas, opinar sobre o que pasa no seu entorno, coñecer a outras persoas con inquedanzas parecidas, facer chegar as súas propostas ao propio Concello.

A Aula CEMIT acollerá en agosto dous obradoiros para fomentar o talento tecnocientífico

Undefined

A aula CEMIT de Tui acollerá o luns 11 e o martes 12 de agosto os obradoiro Girl Steam 2025 organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). Neste caso contan coa colaboración do Concello de Tui.

Os e as participantes nestas actividades crearán autómatas de cartón que porán en funcionamento a través dun motor programable, partindo do kit de robótica. Logo crearán unha escenografía móbil nunha caixa de sombras para gravar un vídeo que incluirá os autómatas creados.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Mocidade