Case 19.500 persoas pasaron en xuño e xullo pola Oficina Municipal de Turismo de Tui
Durante os meses de xuño e xullo pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui 19.467 persoas demandando información. Foron 3.392 persoas máis que no mesmo período do ano pasado cando se achegaran ata os puntos de información 16.075 turistas e peregrinos.
Durante o mes de xullo na Oficinal Municipal de Turismo rexistráronse 7.684 turistas e 4.393 peregrinos. O día de maior afluencia foi o sábado 21 de xullo cando se realizaron 960 consultas, seguido do martes 24 de xullo con 833.