Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui inicia a conta atrás para as Festas de San Telmo 2026

Undefined

Todo preparado en Tui para a celebración das festas de San Telmo que comezarán oficialmente este sábado coa lectura do pregón a cargo da presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño.  A cita será ás 12.45 h dende o balcón do edificio da praza da Inmaculada, recentemente remodelada, que será o primeiro escenario destes festexos patronais de Tui, declaradas de Interese Turístico Galego.

A música,  a gastronomía e a tradición serán protagonistas nesta fin de semana que reunirá xa a miles de persoas na cidade.

As bandas de música de Tui, Matamá, Ribadumia, e a Militar de Marín actuarán nas festas de San Telmo

Undefined

O son das bandas de música populares é cada ano unha tradición no programa das festas de San Telmo. Este ano serán a  Banda  de Música Popular de Tui, e a Xuvenil de Tui, a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a Banda de Música Municipal de Ribadumia e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín as encargadas dos concertos nas dúas fins de semana de festa. 

A Banda de Música Popular de Tui, baixo a dirección de Eloy Carrera, ofrecerá dous concertos o domingo 5 ás 12.30 h e o domingo 12 ás 18 h. Amais a Banda Xuvenil de Tui actuará o luns 13 h ás 12.30 h.

San Telmo - Semana de Teatro Amador

Do martes 7 ao venres 10 de abril vaise celebrar no Teatro Municipal a XVI Semana de Teatro Amador coa participación de catro agrupacións tudenses. 

Ás entradas, ao prezo de 2€, poden adquirirse en tui.gal. Resérvanse 150 entradas para á venda no despacho de billetes o mesmo día da función dende as 20 h. 

Martes 7 ás 21  h

O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estrea "Ultramarinos Norte"

Puño Dragón, La Fuga e Ñu abrirán os concertos das festas de San Telmo 2026

Undefined

As festas de San Telmo brindarán do 4 ao 13 de abril concertos de pop, rock, e indie que farán vibrar á cidade con grupos consolidados e outros emerxentes 

Os grupos Puño Dragón e La Fuga serán os primeiros en subir ao escenario do Espazo Feiral na primeira xornada de festas, o sábado 4 a partir das 21.30 h.  A ritmo de rock cun directo cheo de enerxía porán a banda sonora a primeira noite festiva. O domingo 5, ás  19.30 h, tomará o relevo Ñu, liderado por José Carlos Molina, que demostrará sobre o escenario a forza dun grupo que leva 50 anos no mundo da música.   

San Telmo - Venres 10

O venres 10 de abril esta é a proramación das festas de San Telmo:

  • 18.00h – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de circo Henriko con Todotrucazos.
  • 21.00h – 22.25h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo Xuntanza de Randufe. Estrea de “Tres porquiños”.
  • 21.00h – 22.00h Na rúa Compostela, actuación de Claxxon.  
  • 22.00 – 0.00h No Espazo Feiral, Foliada.
  • 00.00h – 2.00h Na rúa Compostela, actuación de Claxxon.

San Telmo - Xoves 9

Esta é a programación prevista o xoves 9 de abril na programación das Festas de San Telmo:

  • 18.00h – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.  
  • 21.00h – 22.20h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Taxi”

San Telmo - Mércores 8

O mércores 8 de abril esta é a programación que se vai desenvolver nas festas de San Telmo:

  • 16.30h – 17.00h No Centro de Día Amoralia, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario Tui.
  • 18.00h – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.
  • 21.00h – 22.20h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo A Insua de Caldelas. Estrea de “Error 404”.

Páxinas

Subscribirse a RSS - San Telmo