Raid TT Eurocidade Tui-Valença
Dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valeça o mundo do motor ten o seu oco co RAID TT organizado polo Club Tracçao ás 4. O 2 de marzo será na modalidade de jeeps e o 6 de abril na de motos.
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
Dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valeça o mundo do motor ten o seu oco co RAID TT organizado polo Club Tracçao ás 4. O 2 de marzo será na modalidade de jeeps e o 6 de abril na de motos.
Este é o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença para este ano 2024.
1.- CIRCUITO DE ANDAINAS SAUDABLES DA EUROCIDADE
2.- TRAIL DO MONTE ALOIA
3.- TT EUROCIDADE JEEPS
4.- XI EUROCIDADE BTT
Trece eventos deportivos que se van desenvolver entre os meses de febreiro e decembro conforman o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença que foi presentado este mediodía na Cámara Municipal de Valença. Prevese que participen nestas actividades deportivas máis de 7 mil persoas.
Mañá mércores, 7 de febreiro, ás 12.00 horas españolas, no salón de plenos do edificio da Cámara Municipal de Valença, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024, que contará con 14 eventos deportivos, organizados por diferentes asociacións deportivas de Tui e Valença, así como por empresas especializadas.
A Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario o próximo sábado, 10 de febreiro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui nun concerto a cargo de catro agrupacións tudenses e valencianas.
En concreto participarán no evento un centenar de músicos pertencentes ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, á Academia de Música da Fortaleza de Valença, á Asociación Musical de San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.
O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 10 de febreiro, ás 21 h un concerto co que Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario
En concreto participarán no evento un centenar de músicos pertencentes ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, á Academia de Música da Fortaleza de Valença, á Asociación Musical de San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.
O domingo, 17 de marzo, celebrarase a IX Eurocidade BTT. As inscricións abrirán o 11 de febreiro. Toda a información está accesible en biciosos.gal
Miles de persoas recibiron nas rúas de Tui e Valença aos Reis Magos na única Cabalgata Internacional que se celebra entre España e Portugal. Máis de 500 persoas participaron activamente neste evento formando parte da comitiva real de Melchor, Gaspar e Baltasar. Dende a estación do tren de Valença até o Teatro Municipal de Tui os Reis Magos derrocharon maxia, ilusión e 1.500 quilos de caramelos, que fixeron as delicias de todas as persoas que se achegaron a presenciar o seu paso.
Melchor, Gaspar e Baltasar volverán a percorrer este venres, 5 de xaneiro, ás rúas da Eurocidade Tui-Valença. As súas Maxestades de Oriente chegarán ás 16 h até a Estación de Valença, onde serán recibidos polas autoridades locais. Ás 17 h nas súas magníficas carrozas coidadosamente decoradas e iluminadas iniciarán un percorrido de 3,5 quilómetros. Coma veñen facendo dende 2010 os Reis Magos protagonizarán a única cabalgata internacional que se realiza entre España e Portugal.
A Eurocidade Tui-Valença celebrará hoxe venres, 5 de xaneiro, aCabalgata Internacional de Reis. Un ano máis Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a Eurocidade cargados de ilusión nunha noite máxica.
Un ano máis os Reis Magos chegarán en tren até Valença, para subir logo ás súas carrozas reais coidadosamente decoradas e iluminadas, dende as que saudarán á poboación dunha e doutra beira do Miño. Hai un cambio ao final do percorrido xa que a cabalgata non rematará no Paseo da Corredoira senón na rúa Colón, onde no Teatro Municipal terá lugar a recepción aos nenos e nenas.