Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto 12º Aniversario da Eurocidade Tui-Valença

Data: 
10/02/2024
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acollerá o  sábado, 10 de febreiro, ás 21 h un concerto co que  Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario

En concreto participarán no evento un centenar de músicos pertencentes  ao Conservatorio Profesional de Música de  Tui,  á Academia  de  Música  da  Fortaleza  de  Valença, á Asociación Musical  de  San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.

En concreto o repertorio a interpretar serán Balada Galega  de Juan Montes;  Reflexos Paisagísticos  e Balada de Outono de Bernardo Lima;  Alborada Galega  de Pascual Veiga; Grândola, vila morena  de Zeca Afonso; Uma Casa Portuguesa  cpm arranxos de Amilcar Morais; Catro temas galegos  de Manuel Mª Veiga;  Cancoes de tradiçao  de Luís Cardoso; Que viva Tui de José A. Veiga Paradis; e Havemos de ir a Viana  con arranxos de Alvaro de Sousa.

Deste xeito sobre o escenario quedará plasmado o intercambio musical que a diario se produce na Eurocidade con músicos valencianos que estudan en Tui e músicos tudenses que o fan en Valença, ou que forman parte de agrupación da outra beira do Miño.  Así a música continúa a tender pontes entre Tui e Valença.

As entradas para poderanse retirar, de forma gratuíta, dende ás 20 h, no despacho de billetes no Teatro Municipal, cun máximo de dúas localidades por persoa.