Resumo boletíns oficiais do 9 ao 15 de setembro de 2019
Resumo boletíns oficiais do 9 ao 15 de setembro de 2019
A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Resumo boletíns oficiais do 9 ao 15 de setembro de 2019
O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui acollerá o venres, 11 de outubro, un obradoiro gratuíto de “Habilidades Dixitais”. Vai dirixido a mozos e mozas con idades entre os 18 e os 30 anos. Constará de 4 horas lectivas que se van impartir en horario de 10 a 14 h.
O venres 11 de outubro, de 10 a 14 h, celebrarase no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui un obradoiro gratuíto de “Habilidades Dixitais”. Esta actividade forma parte dos talleres Progresa Digitalmente, un proxecto formativo desenvolvido en España por Facebook coa colaboración de Acción Laboral, e neste caso do Concello de Tui. Ao remate do obradoiro as persoas asistentes obterán a Certificación Internacional de Facebook en Innovación, Social Marketing, Presenza Web e Ciberseguridade. Ao longo das catro horas farase unha introdución ao método de innovación denominado “Design Th
Esta semana rematou o programa de maiores “Mareas de coñecemento” impartido na cidade froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Universidade de Vigo.
Mañá venres, 27 de setembro, celébrase na aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingo, a Xornada “Turismo e Emprego: un futuro mellor para todos” organizada polo Concello de Tui.
No acto de inauguración participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, María José Echevarria, a concelleira de Formación e Emprego de Tui, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o vereador de Turismo de Valença, José Monte.
O programa a desenvolver é o seguinte:
Ás 9.30h Acto de inauguración
Até o 8 de outubro pódense presentar as solicitudes para participar no proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para o nomeamento interino de prazas de administrativo convocado polo Concello de Tui.
O anuncio da convocatoria deste proceso selectivo ven hoxe publicado no BOPPO e iniciase o prazo de 10 días para a presentación de instancias.
O Concello de Tui abre proceso selectivo para a formación de lista de reserva para o nomeamento interino de prazas de administrativo. Mediante anuncio publicado o día 24/09/2019 no BOPPO iniciase o prazo de 10 días para a presentación de instancias.
Prazo que remata o vindeiro día 08/10/2019.
Para mais información prema aquí
Aprobada a lista de reserva por resolución da Concellería delegada de persoal de data 24/01/2020, a vixencia da mesma é de 3 anos (23/01/2023) ou de menos no suposto de outro proceso selectivo para as mesmas prazas.
Anuncio de chamamento dos dous seguintes da lista para nomeamento interino nos departamentos de secretaria e urbanismo do Concello de Tui, os aspirantes dispoñen de dous días hábiles para presentar aceptación ou renuncia aos ofrecementos.
“Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” é título da xornada que se vai celebrar o próximo venres, 27 de setembro, en Tui coa que o Concello se suma á conmemoración do Día Mundial do Turismo. Terá lugar ao longo da mañá na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, e pola tarde está prevista unha visita guiada.
“Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” é título da xornada que se vai celebrar o próximo venres, 27 de setembro, en Tui coa que o Concello se suma á conmemoración do Día Mundial do Turismo. Terá lugar ao longo da mañá na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, e pola tarde está prevista unha visita guiada.
Esta xornada foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.