As persoas maiores de 55 poderán realizar o programa de formación Expertclick
O Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios ofertan formación gratuíta on line para persoas maiores de 55 anos. Fanno ao través do programa de formación no uso das novas tecnoloxías Expertclick. Busca ofrecer a este colectivo capacitación en habilidades dixitais para que navegue con seguridade e confianza en internet. Ao tempo esta formación permitirá realizar operacións cotiás, especialmente as relacionadas coa sanidade, a administración ou a banca on line.




