Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo completo dun oficial segunda condutor dentro plan Concellos 2021

Finalizado o prazo de presentación de alegacións sen que se presentase algunha as puntuacións provisionais se consideran definitivas. Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 12/03/2021 se aceptou a o candidato proposto polo tribunal e se requiriu a documentación  necesaria para a súa contratación.

Proceso selectivo formación lista reserva prazas administrativo

Undefined

Finalizado o prazo de presentación de instancias, mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 01/03/2021, aprobouse a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a formación de lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de administrativo (C-1). O prazo para a presentación de alegacións e subsanación/mellora das solicitude é de 3 días hábiles, prazo que remata o vindeiro xoves  día 04/03/2021.

O Concello de Tui volve contar co servizo de Orientación Laboral

Undefined

O Concello de Tui volve contar co servizo de Orientación Laboral. A concellería de Formación e Emprego puxo de novo en marcha este servizo de orientación laboral para o emprego dirixido a persoas empadroadas no municipio e que se atopen en proceso de procura de emprego ou se expoñan a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de autoemprego.

Proceso selección formación lista de reserva para nomeamentos interinos administrativos (C-1)

Undefined

O Concello de Tui, convocou proceso selectivo para a formación de lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de administrativo (C-1) , con data 08/02/2021 se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra anuncio de inicio de computo do prazo de 10 días hábiles para a presentación de instancias.

O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro martes día 23/02/2021

 

Para mais información prema aquí

Proceso de selección para formación de lista de reserva para nomeamentos interinos praza administrativo (C-1)

Mediante proposta de resolución da Alcaldía de data 16/06/2021, se nomeou en  interinidade para prazas de administrativos, grupo C, subgrupo C-1 ata que se cubra en propiedade a Dona Lucía Caride Nimes e Dona Alba Martinez Domínguez.

 

Proceso de selección para a contratacion 12 auxiliares policía

Undefined

O Concello de Tui, convocou proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo completo de 12 auxiliares de policía, con data 08/02/2021 se publicou no Faro de Vigo anuncio de inicio de computo do prazo de 5 días hábiles para a presentación de instancias.

O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro luns día 15/02/2021

Emprega Tui - Foro de Emprego

O concello de Tui promove o Foro de Emprego Emprega Tui. 

I Foro emprega Tui

A primeira edición tivo lugar o 17 de setembro de 2019 na aula da Uned de Tui co obxectivo achegar a realidade do mercado laboral a todas aquelas persoas que se atopan en busca de emprego e que queiran coñecer da man de expertos en selección o seu grao de empregabilidade, atendendo aos perfís profesionais e habilidades persoais que estes requiren na selección de persoal de cada empresa.  

Undefined

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego