Inicio das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra en Tui
As Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui desta temporada están xa en marcha ofertando catro modalidades deportivas, fútbol, patinaxe, balonmán e piragüismo.
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
As Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui desta temporada están xa en marcha ofertando catro modalidades deportivas, fútbol, patinaxe, balonmán e piragüismo.
Dentro das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra Tui contará un ano máis cunha escola de patinaxe. Realizarase os luns no pavillón do CEIP de Rebordáns de 16.30 horas a 20.30 horas, en catro grupos divididos polo nivel dos participantes. Esta actividades será impartida este ano por monitores da Federación Galega de Patinaxe. Recóllese o listado de participantes admitidos nesta escola.
A Eurocidade Tui-Valença acollerá o domingo 26 de novembro o IV Torneo de Baile Deportivo Eurocidade.
O sábado, 11 de novembro, ás 20h celébrarase a II Urban Trail Night Eurocidade. A saída este ano será dende Valença para realizar un percorrido nocturno de 14 quiómetros.
Segundo tenente de alcalde.
Concelleiro de Obras, Medio Rural, Xestión de Residuos, Limpeza Viaria e Deportes.
O venres, 22 de setembro, e sábado, 23 de setembro, dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade, o Valença Hoquei Club organiza en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença o IV Torneo Eurocidade de Hoquei.
O venres 22 disputaranse as semifinais, ás 21.30 horas españolas o partido entre o Liceo e o AD Valongo, e ás 23.00 horas españolas o partido entre o Sporting CP e o Valença Hoquei Club.
O sábado 23 se disputará o encontro polo terceiro e cuarto posto, ás 17.00 horas españolas, sendo a final ás 18.30 horas.