Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O Tyde defenderá en xuño o título de campión do Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold

Undefined

A copa do Torneo Internacional de Fútbol 7, que gañou o Tyde F.C. o pasado verán é custodiada ata o mes de xuño pola Asociación de Tudenses en Versmold. O pasado venres os xogadores, directivos e presidente do Tyde, Elías Vieiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, fixeron entrega da copa a un membro do colectivo tudense en Alemaña que exporán a copa na súa sede até que se dispute novamente o torneo.

Este sábado celébrase a III Taça San Teotonio Eurocidade

Undefined

Este sábado, 17 de febreiro, ás 12.00 horas españolas, no Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, disputarase o terceiro torneo de fútbol veterano Eurocidade, onde se porá en xogo a Taça San Teotonio.

Neste encontro enfrontaranse os equipos de categoría veterano do Tyde F.C. e do S.C. Valenciano, no que se pretende reunir nunha xornada lúdico deportiva, aos antigos xogadores de ambos clubs.

O partido de volta celebrarase nas Festas de San Telmo, disputándose o encontro no Estadio Dr. Lourenço Raimundo de Valença.

 

III Taça San Teotonio de fútbol veterano

O Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, acolle o sábado, 17 de febreiro, ás 12h  o III Torneo de fútbol veterano Eurocidade, onde se porá en xogo a Taça San Teotonio. Enfrontaranse os equipos de categoría veterano do Tyde F.C. e do S.C. Valenciano, no que se pretende reunir nunha xornada lúdico deportiva, aos antigos xogadores de ambos clubes. O partido de volta se celebrará nas Festas de San Telmo, disputándose o encontro no Estadio Dr. Lourenço Raimundo de Valença.

O Campionato Galego de Patinaxe de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos se disputará en Tui o sábado 24

Undefined

O CPA Ribex de Tui, nas próximas datas, ten dúas citas moi importantes no seu calendario desta tempada, onde se xogan a maior parte dos seus obxectivos deste ano 2018.

Así, este sábado 17, o grupo show sénior buscará a súa clasificación para o Campionato de España, no Campionato Galego de grupos show, que se celebrará no pavillón Santa Isabel de Santiago de Compostela.

VII Eurocidade BTT

O domingo 4 de marzo celebrarase a VII Eurocidade BTT. A saída será ás 9h dende a piscina municipal de Valença e a liña de meta estará situada na fortaleza valenciana. Haberá dous dous percorridos un de 42 km e outro de 74 km. O punto de corte estará no quilómetro 40 a onde deberá chegar coma moi tarde ás 12.30h os participantes que desexen realizar o percorrido longo.

A proba é libre de carácter non competitivo e será neutralizada até o km 10. A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orden de inscrición.

VI Gala do Deporte Tudense 2017

O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 23 de febreiro, ás 20.30h a VI Gala do Deporte Tudense na que se recoñecerá o traballo dos deportistas, clubs, entidades ao longo do ano 2017 coa entrega dos Premios Deporte Tudense 2017 ao deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo, club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial, e entidade colaboradora do deporte. 

A Gala do Deporte Tudense 2017 terá lugar o venres 23 de febreiro, no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Os Premios Deporte Tudense 2017 entregaranse na  sexta Gala do Deporte Tudense, que se realizará o venres 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

Mañá sábado celébrase en Tui a segunda proba do Circuíto Galego de Bádminton en Tui

Undefined

Mañá sábado, 10 de febreiro, o pavillón do IES San Paio de Tui, será sede da segunda das probas do Circuíto Galego de Bádminton que se celebran en Tui, organizada polo Club Bádminton Tui, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Bádminton.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes