Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote aprázase para o 1 de maio

Undefined

O Club Náutico San Telmo, vén de aprazar até o martes 1 de maio, o IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos, na modalidade spinning a flote, que se ía celebrar este domingo no río Miño, entre Goián e Salvaterra do Miño. O aprazamento débese ás previsións de choiva para a fin de semana, e ao elevado caudal do río nestes momentos.

Deporte, música e teatro na programación do sábado de San Telmo

Undefined

O deporte abre a programación do sábado, 7 de abril, nas festas de San Telmo en Tui. Medio centenar de persoas participarán dende ás 10h na Andaina Festas de San Telmo que realizará un percorrido urbano de 8 quilómetros. Unha hora máis tarde comezará a Carreira Popular Solidaria de San Telmo na que se inscribiron 600 persoas nas distintas categorías dende veteranos e senior até pitufos. Entre as novidades deste ano está que se recurta a distancia para as categorías superiores que será de 5 quilómetros.

A Andaina Saudable de San Telmo celebrarase este sábado 7 de abril dentro da programación das Festas de San Telmo

Undefined

Este sábado 7 de abril, a partir das 10.00 horas españolas, dende o Palco da Música, no Paseo da Corredoira de Tui, sairá a Andaina de San Telmo, que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.

Esta andaina terá unha percorrido de 8 quilómetros, de dificultade baixa cunha duración aproximada de dúas horas e media.

A Carreira Popular de San Telmo celebrarase o sábado 7 de abril

Undefined

Até o próximo mércores, 4 de abril, está abertas as  inscricións para a Carreira Popular de San Telmo que, neste ano 2018, se celebrará o sábado 7 de abril. A proba disputarase a partir das 11.00 horas, dende o Paseo da Corredoira organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui.

A proba contará con participantes de todas as categorías, dende pitufos, nados en 2013, 2014 e 2015, ata veteranos, a partir dos nacidos en 1972, esperando un número aproximado de 800 corredores.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes