Exposición de Debuxos e Pinturas de "Cali"
Dende o mércores 15 de febreiro ao sábado 18 de marzo a Sala Municipal de Exposicións Municipal acolle unha mostra con preto de oitenta debuxos e pinturas de Hixino Castillo “Cali”.
A inauguración será o mércores 15 ás 19.30 h contando coa presenza do propio autor así como de Silvestre Gómez Xurxo, secretario do Consello da Cultura Galega, e durante moitos anos compañeiro de Hixinio Castillo no CEIP de Pazos de Reis.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.