Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A postal de Nadal de Naiara Pérez Rodríguez do CEIP de Caldelas gañadora do Concurso convocado polo Concello de Tui

12/12/2023

No certame participaron seis centros escolares do municipio tudense

A postal presentada por Naiara Pérez Rodríguez, alumna de 1º curso de Educación Primaria do CEIP de Caldelas, é a gañadora do concurso de postal de Nadal 2023 convocado polo Concello de Tui para a elección da postal navideña que distribuirá o concello de tudense neste ano.

A responsable da Concellería de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, explica que a finalidade deste certame escolar  que convoca o Concello de Tui é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal, procurando que os nenos e nenas do noso municipio, expresasen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso Concello.

A concelleira expresa a súa satisfacción polo incremento de participación neste certame que contou coa participación dos CEIP’s de Caldelas, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns, e Randufe e do Colexio Santa María – Maristas Tui.

O xurado acordou conceder os seguintes premios:

  • Primeiro premio á postal presentada por Naiara Pérez Rodríguez, de 1º EP, do CEIP de Caldelas.
  • Segundo premio á postal presentada por Mía Durán, de 5º EP, do Colexio Santa María – Maristas.
  • Terceiro premio á postal de Noa Patricio Álvarez, de 5º EP, do CEIP de Pazos de Reis.