Cómicas, habelas hainas
O Teatro Municipal de Tui acolle o xoves, 16 de marzo, ás 20.30 h o espectáculo “Cómicas, habelas hainas! Chega a Tui da man da Deputación de Pontevedra e forma parte do programa do Concello de Tui para conmemorar o 8M, o Día Internacional das Mulleres. Correrá a cargo das cómicas galegas Marta Doviro, Jazmín Abuín e Arantxa Treus, coa presentación de Bárbara Grandío. A entrada ao espectáculo é libre e gratuíta até completar aforo.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.