Semana Santa

Domingo, 17 de marzo
18.00 h na Capela das Reliquias da S. I. Catedral
Pregón da Semana Santa A cargo de D. José María Lores Pérez, profesor xubilado do IES “San Paio” de Tui. Pequeno concerto a cargo de alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui. Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.
Domingo, 24 de marzo | Domingo de Ramos
11.00 h Beizón de ramos na Praza de San Fernando. A continuación procesión e Santa Misa na S. I. Catedral.
Mércores, 27 de marzo | Mércores Santo
12.00 h na S.I. Catedral Misa Crismal presidida polo Bispo da diocese e concelebrada polo presbiterio diocesano. Beizón dos óleos que se empregan na administración dos sacramentos nas parroquias durante o ano e renovación polos presbíteros das súas promesas sacerdotais.
Xoves, 28 de marzo | Xoves Santo
19.30 h na S. I. Catedral Misa Vespertina da cea do Señor
19.00 a 23.00 h. Visita aos Monumentos. Tradicional percorrido pola S. I. Catedral, Igrexa das Monxas Clarisas, Igrexa de San Telmo, Capela da Residencia San Telmo, Igrexa de San Domingos e igrexa de San Bartolomeu. Na Capela da Misericordia visítase a representación do Horto das Oliveiras.
23.00 h. Hora Santa na S. I. Catedral
Venres, 29 de marzo | Venres Santo
11.00 h Sermón do Encontro e procesión dos Pasos.
Saída dos pasos dende a Capela da Misericordia até a Praza de San Fernando onde terá lugar o Sermón do Encontro. Orador: Rvdo.: D. Santiago Freire Comesaña, cóengo e párroco de Tui. A continuación procesión polas rúas da cidade.
Organiza: Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia. Colabora: Asociación “Cristo da Agonía” - Antigos Voluntarios de Protección Civil de Tui.
18.00 h. Celebración da Paixón do Señor na S. I. Catedral
20:00 h. Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro.
Na igrexa de San Domingos Sermón do Desencravo. Orador: Rvdo.: D. Santiago Freire Comesaña, cóengo e párroco de Tui. A continuación Procesión do Santo Enterro, que organiza tradicionalmente o Concello de Tui coa colaboración da Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, polas rúas da cidade ata a igrexa parroquial de San Francisco.
Sábado, 30 de marzo | Sábado Santo
08.00 h Procesión de Nosa Señora da Soidade Saída dende a Igrexa de San Francisco ata a S. I. Catedral. A continuación sermón a cargo de: Rvdo.: D. Santiago Freire Comesaña, cóengo e párroco de Tui.
20.00 h Solemne Vixilia Pascual na igrexa parroquial de San Francisco
Domingo, 31 de marzo | Domingo de Resurrección
12.00 h Misa Pascual na S. I. Catedral presidida polo Bispo da diocese.