Cinema "El Pequeño Nicolás"
O Paseo Fluvial de Tui acolle o venres, 12 de xullo, ás 22. 30 h a proxección de "El Pequeño Nicolás" dentro da programación “Tui, verán na rúa” que organiza o Concello de Tui.
O público poderá gozar as aventuras de Nicolás, que o levan até o estudo dos seus creadores René Goscinny (que tamén creou a Astérix) e o debuxante Jean-Jacques Sempé. Entre Montmartre e Saint-German-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny dan vida a "El pequeño Nicolás". O filme, dirixido por Amandine Fredon e Benjamin Massoubre, recibiu o premio á Mellor Longametraxe no Festival de Annecy en 2022.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.