Xullo. Verán na rúa
Está a programación "Tui, verán na rúa" que poderemos gozar no mes de xullo en Tui:
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Está a programación "Tui, verán na rúa" que poderemos gozar no mes de xullo en Tui:
O vindeiro luns, 24 de xuño, coincidindo co CXXXIII aniversario da celebración dos Xogos Florais de Galicia, o concello de Tui realizará, un ano máis, un acto conmemorativo desta data sinalada na recuperación da lingua e da cultura galega que tivo a Tui como protagonista.
Esta mañá tivo lugar na Casa do Concello de Tui unha xuntanza para a constitución da comisión organizadora do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui que tivo lugar o 30 de novembro de 1225. Á reunión asistiron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e o deán do Cabido da catedral tudense, José Diéguez Dieppa.
Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial de Tui, doa o seu arquivo, biblioteca e colección artísticas ao Concello de Tui.
Así se anunciou o pasado venres, 14 de xuño, na presentación do novo número da revista “Castellum Tyde”, editada polo Instituto de Estudios Tudenses co patrocinio do Concello de Tui, que precisamente está dedicado á figura deste investigador tudense.
Mañá mércores, 12 de xuño, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da Aloiada 2024, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 13 e venres 14 coa participación de máis de 160 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, que estarán acompañados por ao redor de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.
O 27 de xuño de 1999 inaugurábase na Alameda de San Domingos o Monumento aos Represaliados, obra do escultor Silverio Rivas, por iniciativa da Comisión cidadá pola Verdade do 36. Este mes, cando se cumpre o 25 aniversario daquela data, haberá dous actos conmemorativos. O primeiro será este sábado, 15 de xuño, na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez, coa inauguración dunha exposición, e o segundo o sábado 29 na propia Alameda de San Domingo.
O Anexo da Sala Municipal de Exposición, no edificio Francisco Sánchez de Tui, acolle entre dende mañá martes, 11 de xuño, e até o mércores, 19 de xuño, unha exposición colectiva de manga e cómic do alumnado do Colexio Marista “Santa María” de Tui. As obras que se presentan foron realizadas no curso extraescolar de debuxo de maga e cómic desenvolvido ao longo deste curso escolar nese centro educativo.
Do martes 11 ao mércores 19 de xuño pódese visitar no Anexo da Sala Municipal de Exposición, no edificio Francisco Sánchez de Tui, unha exposición colectiva de manga e cómic do alumnado do Colexio Marista “Santa María” de Tui. As obras que se presentan foron realizadas no curso extraescolar de debuxo de maga e cómic desenvolvido ao longo deste curso escolar nese centro educativo.
As clases foron impartidas por Javier Pereira, profesor de debuxo e ilustrador free lance.
O Encontro Profesional de Músicas Galiza-Portugal 2024, MUMI, celebrarase na Eurocidade Tui-Valença do 12 ao 15 de setembro.
Os galegos Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo; e os portugueses Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma, presentarán a súas propostas musicais nos showcases do MUMI do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.
A Eurocidade Tui-Valença acollerá do 17 ao 21 de xullo a 12ª edición do IKFEM Festival. Concertos únicos, enogastronomía, artes emerxentes e experiencias inclusivas encherán de creatividade Tui e Valença.
O IKFEM Festival brindará en cada concerto unha maridaxe única entre as culturas das dúas beiras do Miño con fusións musicais e diversidade de xéneros.