Enterro do Bacallau
Dende a praza de San Fernando partirá de rigoroso loito o enterro do Bacallau no que miles de persoas darán a despedida ao Entroido por este ano. Participarán as comparsas presentes no desfile do luns, pero tamén moitos máis que non queren perder esta cita que rematará na traseira da Área Panorámica tras un percorrido polo centro urbano





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.