Artesacia da Coruña con "Chola a it girl"
Unha chamada inesperada da un xiro ao Show de Chola, unha blogueira e youtuber do rural galego 100% ecolóxica. Transmite un titorial para converterse nunha “ It Girl Rectificada” en dez sinxelos pasos.
Autora e directora: Laura Villaverde
Escenografía e iluminación: Roi Fernández
Música: Lucía Martínez
Movemento escénico: Fran M Buceta
Elenco: Laura Villaverde
Xénero: Teatro contemporáneo
Clasificada: Todos os públicos
Recomendada: +10 anos
Duración: 60 min.
Idioma: Galego





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.