Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

 

 

 

A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno extraordinario urxente

Undefined

Mañá martes, 7 de maio, ás 20 h a corporación municipal de Tui celebrará pleno extraordinario urxente. 

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

1º. Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión.

2º. Expediente 139/2024. Proposta de acordo de Resolución do Contrato de concesión de obra pública parking subterráneo entra las calles Ourense y Compostela (Expdte. 2705/2019)

Presentación da Final a 4 Cadete de Balonmán

Undefined

O próximo luns, 29 de abril, ás 12.00 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación da Final a 4 Cadete masculina e feminina de balonmán, que se disputará os días 4 e 5 de maio, no pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez de Tui, organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López e o presidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez.

Presentación da 20ª edición de Play Doc

Undefined

Mañá xoves, 25 de abril, ás 12 h no edificio Francisco Sánchez terá lugar a presentación da 20ª edición de Play Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui.

Na presentación participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, o guionista, escritor e produtor, Pepe Coira, e o codirector do festival, Ángel Sánchez.

Play Doc celebrarase do 1 ao 5 de maio en Tui.

Quince persoas fórmanse en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

Undefined

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei está acollendo un curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais cun total de 248 horas lectivas. Esta acción formativa está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Dobre presentación literaria mañá na Sala Félix Rodríguez en Tui

Undefined

A Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, acolle mañá venres pola tarde dúas presentacións literarias.

Por unha banda ás 18 h terá lugar a presentación de “Voces de un pueblo represaliado” de José Antonio Bao Lemos. O autor, natural de Vigo e afincado en Salceda, será presentado por Xurxo Vaqueiro, e participará tamén no acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Mañá preséntase o X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

Undefined

Mañá xoves, 18 de abril, na casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade, competición federada organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar este sábado 20 e domingo de 21 de abril, no pavillón deportivo municipal de Valença.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía