O luns preséntase a 2ª San Silvestre Solidaria Tudense
O próximo luns, 18 de decembro, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 2ª San Silvestre Solidaria Tudense, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Tui e a Radio Municipal de Tui, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. A San Silvestre celebrarase o domingo 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.





