Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

O Centro Municipal de Formación acollerá un curso de Manipulador de Alimentos e APPCC

Undefined

O xoves 17 e o venres 18 de novembro, de 9 a 14 h , terá lugar no Centro Municipal de Formación un curso de Manipulación de Alimentos e APPCC, Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico, de 10 horas lectivas. 

As pesoas interesadas deben ter 16 ou máis anos, non ter ningunha condición física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento da acción formativa nos dous módulos que a compoñen e estar empadroado/a no Concello de Tui.

Aberta até o día 10 a inscrición no curso de Operario/a de Loxística

Undefined

Até o próximo xoves, 10 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para o curso de Operario/a de loxística de 75 horas lectivas que se vai impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei. Constará de dous módulos.

O Módulo I de Xestión de Almacén e liña de produción celebrarase entre o luns 14 e o venres 25 de novembro en horario de 15 a 20 h. Mentres o Módulo II de Manexo de Carretillas Elevadoras terá lugar do luns 28 de novembro ao venres 2 de decembro en horario de 9 a 14 h. 

Cursos en liña gratuítos na Aula Mentor

Undefined

Até o 4 de novembro está aberta a inscrición para os cursos en liña e gratuítos que ofrece a Aula Mentor. As prazas son limitadas. As persoas interesadas deben inscribirse na Aula Mentor do Concello de Tui, no Centro Municipal de Formación e Emprego, a través do correo elecctrónico tui@aulamentor.es.

As prazas son limitadas e serán asignadas por orden de recepción, polo que as persoas interesadas deben agardar á confirmación da súa admisión.

A formación comezará o día 7 de novembro.

Aberta a inscrición para os cursos de Instalación de Elementos de Carpintería e Venda de produtos e servizos turísticos

Undefined

Está aberto o prazo de inscrición para os dous cursos de formación de “Instalación de Elementos de Carpintería” e de “Venda de Produtos e Servizos Turísticos” que se van impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei.

Proceso selectivo ampliación lista profesores óboe

Undefined

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 21.10.2022, se aprobou a lista de admitidos o nomeamento de tribunal e se sinalou a data de realización da valoración de méritos, dentro do proceso selectivo para a ampliación e unificación da lista de reserva para contratacións temporais de profesores de óboe.

A valoración de méritos será o vindeiro luns día 24.10.2022 as 12:00 horas.

Proceso selección lista de reserva prazas auxiliar administrativo

Undefined

O Concello de Tui, publicou hoxe (17.10.2022) no BOPPO anuncio de inicio de prazo de presentación de instancias para o proceso de selección para formación  de lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de auxiliar administrativo

O prazo de presentación de instancias (de 10 días hábiles) é dende o martes día 18/10/2022 ata o luns 31/10/2022, ambos incluídos.

Proceso alumnos-traballadores Obradoiro

Undefined

Hoxe día 17.10.2022 reuniuse o tribunal para a resolución da alegación a  valoración de méritos do proceso do alumnado-traballador do Obradoiro de emprego. 

Unha vez resolta a alegación as puntuacións son definitivas, o mesmo que a relación de candidatos a contratar e a listaxe de reserva

Esta administración remitirá  a relación o Servizo Público de Emprego de Galicia, para a emisión do informe sobre o cumprimento dos requisitos para ser contratados.

Proceso alumnos Obradoiro Emprego

Undefined

Hoxe día 13.10.2022 reuniuse o tribunal para a valoración de méritos do proceso do alumnado-traballador do Obradoiro de emprego, os aspirantes dispoñen de 1 día hábil para presentar alegacións as puntuacións provisionais da fase de concurso. Prazo que remata o venres día 14/10/2022.

Unha vez finalizado o prazo de alegacións se non se presentase algunha as valoracións provisionais entenderánse definitivas,os efectos de remitir a relación o Servizo Público de Emprego de Galicia, para a emisión do informe sobre o cumprimento dos requisitos para ser contratados.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego