Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Rematada a segunda obra de restauración do obradoiro de emprego Revaloriza Tui

Undefined

O alumnado do Obradoiro dual de Emprego “Revaloriza Tui ” vén de rematar a restauración do Lavadoiro do  Souto en Guillarei.  Foi un traballo conxunto realizado polos alumnos a alumnas das dúas especialidades deste proxecto formativo Colocación de Pedra Natural e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira.

En marzo completaran xa a restauración do lavadoiro de Laxes en Randufe.  Agora tras concluír estes dous primeiros traballos o alumnado avanza na restauración do Lavadoiro de  Fontenla en Areas e da fonte de Albelos en Guillarei.

Aberto o prazo de inscrición en máis de 200 cursos na Aula Mentor de Tui

Undefined

Está aberto o prazo de inscrición en máis de 200 cursos na Aula Mentor de Tui. Trátase de formación en liña en moi diversos ámbitos. A Aula Mentor ofrece unha alternativa en materia de formación á poboación maior de 18 anos que non pode asistir á oferta formativa presencial, brindando un sistema totalmente flexible non suxeito nin a horarios nin a prazos, de tal xeito que se adapta a disponibilidade horaria que teña o alumnado. A oferta de cursos tamén inclúe formación gratuíta que se convoca ao longo do ano.

Proceso de selección operarios para a piscina tempada veran 2022 e formación lista de reserva

Undefined

O Concello de Tui, ten aberto proceso de seleción para o nomeamento interino de dúas prazas de operarios de servizos diversos e mantemento a tempo parcial , e un operario de mantemento a tempo completo para a apertura da piscina tempada 2022 e formación de lista de reserva. 

O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles, prazo que remata o vindeiro luns día 13/06/2022.

Para mais información prema aquí

Aula Mentor Tui

¿Qué es el Aula Mentor?

Aula Mentor es un sistema de formación abierta, libre y a través de Internet promovido por el Ministerio de Educación y Formación Profesional de España.

Los objetivos de Aula Mentor se centran en proporcionar una alternativa en materia de formación a la población adulta (mayores de 18 años) que no tiene oportunidad de asistir a la oferta presencial y cuyo ritmo de aprendizaje y/o dedicación requiere un sistema totalmente flexible no sujeto ni a horarios ni a plazos de ningún tipo.

Undefined

O Concello de Tui solicita un obradoiro dual de emprego para recuperar a senda do río Furnia

Undefined

O concello de Tui vén de presentar á Consellería de Emprego e Igualdade a solicitude de subvención, dentro da convocatoria de Obradoiros duais de emprego 2022, para a execución do proxecto “Senda río Furnia”, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro.

O obxectivo é recuperar a riqueza natural e cultural da conca do río Furnia no termo municipal de Tui.

Procesos selectivos funcionarios de carreira

Undefined

Con data 28/03/2022 publicouse no BOPPO a convocatoria e bases de selección para a o acceso a unha praza de funcionario de carreira grupo C, subgrupo C-2, denominación: auxiliar de arquivo e biblioteca e tres prazas  de funcionario de carreira da escala de administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios  denominación: Operarios de obras .

Con data 20/04/2022, publicouse anuncio da convocatoria no DOGA.

Proceso selectivo lista operarios limpeza

Undefined

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 01/04/2022 se aprobou a lista definitiva de admitidos e excluídos, o nomeamento do tribunal e se fixou a data de celebración da primeira proba  do proceso de  selección para a constitución dunha lista de reserva para contratacións laborais temporais-nomeamentos interinos de prazas de operario de limpeza viaria.

Os aspirantes dispoñen de 3 días naturais para recursar o tribunal (prazo que remata o luns día 04/04/2022.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego