Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

O obradoiro dual de emprego Revaloriza Tui 2021 traballará na recuperación de fontes, lavadoiros e un muíño en Guillarei, Randufe, Areas e Paramos

Undefined

Hoxe comezou a súa actividade o obradoiro dual de emprego Revaloriza Tui 2021 no que, durante 9 meses, se van formar vinte alumnos e alumnas nas especialidades de Colocación de Pedra Natural e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira. A presentación do mesmo tivo lugar o pasado venres e hoxe comezou xa a formación. 

O pasado venres o alumnado e persoas técnicas do obradoiro foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación Emprego, Ana Mª Núñez.

Procesos selectivos OBRADOIRO REVALORIZA TUI

Undefined

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 15/10/2021, se aceptou a renuncia dos aspirantes a docentes de cantería e carpintería e se require os seguintes dous aspirantes a que presenten a documentación necesario para a súa contratación, no prazo de dous días hábiles dende a publicación , o prazo para a presentación da documentación finaliza o vindeiro martes día 19/10/2021

Procesos selectivos OBRADOIRO REVALORIZA TUI 2021

Undefined

Hoxe reuniuse o tribunal para a resolución das alegacións presentadas e proposta definitiva de candidatos a contratar, dentro do proceso selectivo para a contratación de persoal directivo-titor-docente- de apoio e alumnos traballadores do Obradoiro de Emprego Revaloriza Tui 2021.

Tendo en conta as certificacións das actas do tribunal, mediante resolucións da Concellería delegada de persoal se aceptou as propostas do tribunal e se require ós aspirantes a que presenten a documentación necesaria para a súa contratación tendo en conta a base oitava de ambos procesos selectivos.

Procesos OBRADOIRO de emprego Revaloriza Tui 2021

Undefined

Mediante Resolucións da concellería delegada de persoal de data 07/10/2021 se aprobou a lista definitiba de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de 20 alumnos traballadores e do proceso selectivo do  equipo directivo, os docentes e o persoal de apoio para o desenvolvemento do Obradoiro de emprego Revaloriza Tui 2021.

A fase de oposicion do equipo directivo, titor, docentes e auxiliar administrativo  será as 09:00 horas do día 08/10/2021 no Centro de formación sito en Albelos Guillarei s/n.

Valoración positiva da evolución do desemprego en Tui con 7 meses consecutivos de descenso

Undefined

A concellería de Emprego e Formación do Concello de Tui realiza unha valoración positiva da evolución dos datos de desemprego no municipio no mes de setembro, no que se rexistraron 33 persoas menos en situación de desemprego, sendo 1.067 as persoas inscritas nos Servizos Públicos de Emprego.  Tui suma sete meses consecutivos con baixada nas cifras de paro, pasando de 1.301 persoas desempregadas en marzo a 1.067 no mes de setembro.

Proceso selectivo persoal OBRADOIRO EMPREGO REVALORIZA TUI 2021

Undefined

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 05/10/2021 se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de 20 alumnos traballadores e do proceso selectivo do  equipo directivo, os docentes e o persoal de apoio para o desenvolvemento do Obradoiro de emprego Revaloriza Tui 2021.

Os aspirantes dispoñen de 1 DÍA HÁBIL para presentar alegacións a listaxe provisional de admitidos e excluídos, prazo que remata o 06/10/2021

Proceso selectivo persoal OBRADOIRO EMPREGO REVALORIZA TUI 2021

Undefined

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 05/10/2021 se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de 20 alumnos traballadores e do proceso selectivo do  equipo directivo, os docentes e o persoal de apoio para o desenvolvemento do Obradoiro de emprego Revaloriza Tui 2021.

Os aspirantes dispoñen de 1 DÍA HÁBIL para presentar alegacións a listaxe provisional de admitidos e excluídos, prazo que remata o 06/10/2021

Proc. selectivo LISTA PROFESOR VIOLIN

Undefined

Rematadas as probas selectivas do proceso para a formación dunha lista de reserva para contratacions temporais de profesor de violin, publicanse as puntuacións outorgadas polo tribunal, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para a presentación de alegacións as puntuacións provisionais, rematado o prazo sen presentarse alegacións as mesmas serán consideradas definitivas en caso de alegacións as mesmas serán resoltas polo tribunal.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego