Obradoiro sobre “Motivación e habilidades para buscar traballo” a cargo de Pedro Rodríguez de Océano
O Concello de Tui, a través da concellería de Formación e Emprego, organiza un obradoiro sobre “Motivación e habilidades para buscar traballo” a cargo de Pedro Rodríguez, consultor, formador, adestrador e poñente en habilidades sociolaborais de Océano. Terá lugar o mércores, 26 de maio, en horario de 10 a 12 h. Poderase asistir presencialmente na Aula CeMIT, na Área Panorámica, ou en liña a través de Zoom. En ambos casos é preciso inscrición previa en orientación@tui.gal.




