O Centro Municipal de Formación acolle hoxe o proceso de selección do persoal para a nova tenda de PEPCO en Tui
O Centro Municipal de Formación, en Guillarei, acolle hoxe luns o proceso de selección do persoal para a nova tenda da empresa PEPCO en Tui. En concreto a cadea internacional de orixe polaca abrirá un novo establecemento de case 800 metros cadrados no Centro Comercial Outlet en Tui logo da Semana Santa.




