Mañá preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”
Mañá martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”. Esta publicación ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. A edición da guía corresponde ao concello de Tui contando co financiamento da Deputación de Pontevedra.