Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visita do Conselleiro de Economía e Industria a Nor Rubber

12/09/2011

O CONSELLEIRO DE ECONOMIA E INDUSTRA VISITA A EMPRESA NOR RUBBER

A visita é resultado das xestión do alcalde tudense

 

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, realizou na tarde do venres unha visita á empresa Nor Rubber SAL situada en Areas, na que estivo acompañado polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e polo presidente do Consello de Administración da empresa, José Manuel Quintana.

Javier Guerra percorreu as instalacións da fábrica interesándose polos distintos procesos que na mesma realizan os 100 traballadores que na actualidade conforman a plantilla. Dende o Consello de Administración espuxéronlle ao titular de Economía a necesidade que teñen de conseguir financiamento para facer fronte á adquisición de materia prima para unha carteira de pedidos por importe de 2,5 millóns de euros que teñen comprometido e que deben entregar antes de finais de ano. O presidente do Consello de Adminitración, José Manuel Quintana, explicaba que teñen un desaxuste de tesourería que teñen que cubrir e que necesitan facelo nun prazo máximo dun ou dous meses. Será un financiamento para cancelar posteriormente coas facturas de venda.

O conselleiro destacou na súa intervención que os traballadores desta empresa son un exemplo a seguir porque son tamén propietarios, algo que, dicía, é importante nestes  momentos. Javier Guerra trasladoulles o seu compromiso aos traballadores, salientando que esta é a empresa máis importante do municipio. Salientaba por outra parte que pese a ter carga de traballo teñen algunhas dificultades para atopar financiamento para o que ían de xeito conxunto buscar algunha solución, destacando que o IGAPE está envorcado apoiando ao tecido empresarial galego.

Por último o alcalde de Tui agradecía ao conselleiro a súa visita á cidade acollendo a petición formulada polo alcaldía tudense. Salientaba que Nor Rubber é un exemplo a seguir en toda Galicia porque os propios traballadores son tamén empresarios, e incidía tamén na importancia de que esta empresa tudense teña o apoio da Xunta.

 

Tomado de www.galiciasuroeste,info