Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A visita da Vicerreitora da Universidade de Vigo a Tui confirma a realización de curso de verán na nosa cidade

13/03/2008

TRAS A VISITA DA VICERREITORA DA UNIVERSIDADE DE VIGO CONFIRMASE QUE TUI ACOLLERA CURSOS DE VERÁN 

Onte mércores 12 de marzo de 2008 realizou unha visita ao Concello de Tui a Vicerreitora de Extensión Cultural da Universidade de Vigo, Carme Cabeza Pereiro, acompañada por un técnico do seu departamento, para estudiar a posibilidade de realizar na nosa cidade algún curso de verán da Universidade de Vigo.

A Vicerreitora foi recibida polo Alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, coincidindo ambos na idoneidade da cidade de Tui para acoller actividades como os cursos de verán da Universidade.

Tras este encontro e acompañados polo Concelleiro de Cultura a Vicerreitora visitou as instalacións do edificio Área Panorámica, comprobando a adecuación dos diversos espazos deste edificio para a realización dos cursos. Posteriormente visitou tamén as instalacións municipais no antigo convento de San Domingos comprobando tamén a viavilidade daquela sala multiusos para a impartición dalgún curso universitario.

No decurso da visita ao edificio Área Panorámica a Vicerreitoira mantivo un breve encontro cos directores de Play-doc, festival internacional de documentais de Tui, e o responsable da empresa Avid Technology, cos que tratou a posibilidade de realizar, de cara ao futuro, algunha acción formativa relacionada co mundo audiovisual en Tui ampliando así a oferta que realiza Play-doc.

Carmen Cabeza felicitou ao Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, pola calidade dos equipamentos culturais dos que dispón o Concello de Tui e que cumpren os requerimentos precisos para acoller a impartición deste cursos de verán.

A realización destes cursos de verán foi un acordo unánime da Corporación Municipal de Tui adoptado no Pleno do pasado mes de decembro, e agora tras esta visita da Vicerreitora da Universidade de Vigo esta posibilidade comeza a concretizarse. En datas vindeiras dende a Universidade informaran ao Concello do/s posible/s curso/s a desenvolver na nosa cidade, dentro da oferta de cursos que realizará a Universidade para este verán. De cara ao futuro caberá sempre a posibilidade de artellar cursos de caracter máis específico e de temática directamente vencellada á cidade e bisbarra de Tui.

O concelleiro Moisés Rodríguez Pérez agradece a visita da Vicerreitora e amosa a satisfación do Concello por acoller no vindeiro verán algún curso universitario. Deste xeito os universitarios tudenses poderan acceder con facilidade a créditos para completar os seus estudios e a nosa cidade acollera a estudiantes interesados en participar nestes cursos que dinamizarán a vida local.