Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Viravolta Títeres presenta en Tui “Barriga Verde”, hoxe venres as 20,30 h. no Teatro Municipal

22/12/2006

A representación terá lugar mañá venres, ás 20.30h, no Teatro Municipal
Viravolta Títeres presenta en Tui “Barriga Verde”
Este espectáculo homenaxea as compañías de titiriteiros de principios do século XX

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres o penúltimo espectáculo desta temporada cultural baixo a organización da Concellería de Cultura. Nestas datas navideñas os nenos son os principais destinatarios da obra que se vai representar dirixida a un público familiar. Será a compañía Viravolta Títeres de Lalín quen poña en escena “Barriga Verde”. A cita será ás 20.30h, e as entradas coma de costume poranse á venda ás 16.30h, ao prezo de 2€, 1€ con desconto e 1€ os menores de 14 anos.

Durante cincuenta minutos Viravolta Títeres fará que os espectadores gozen co mellor do monicreque tradicional galego. Nesta obra rende homenaxe aos titiriteiros que durante 1910 e 1934 representaron ao antigo “Barriga Verde”, ao que dedican cinco sketchs costumistas, que encaixan perfectamente con outros dous sacados da tradición europea e con maior contido de crítica social.

A dirección de Barriga Verde corresponde a “Anxo García” quen xunto a Pilar Álvarez e Xulio Balados e encarga tamén da manipulación dos monicreques. Os monecos foron deseñados por Ignacio Vilariño e o propio Anxo García.

Viravolta Títeres creouse no ano 1982 estendendo a súa actividade máis aló dos espectáculos de monicreques propiamente ditos e apostando por outros de tipo experimental, impartición de cursos, de construción e manipulación, e outras actividades.

Nos últimos anos Viravolta desdobrou a súa actividade dando lugar a unha nova compañía Títeres Seisdedos mantendo as dúas unha actividade paralela.

No seu 15 aniversario fixeron una exposición conmemorativa no Museo Municipal de Lalín con monecos, escenografías, fotografías e demais materiais das montaxes que supuxo o punto de partida para a creación do Museo Galego da Marioneta, que se inaugurou en decembro de 2001, e que na actualidade desenvolve múltiples actividades.

Viravolta Títeres con “Barriga Verde”
Lugar: Teatro Municipal
Data: Venres 22 de decembro ás 20.30h
Prezo das Localidades:2€, 1€ con desconto e 1€ os menores de 14 anos
Venda de localidades o venres dende ás 16.30h
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Tui