Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Víctor Coyote presenta en Tui o seu último traballo “Dos años luz y cuarto”

10/11/2011

Ofrecerá un concerto o sábado ás 20.30h no Teatro Municipal

 

O músico tudense Víctor Coyote ofrecerá un concerto este sábado, ás 20.30h no Teatro Municipal, para presentar o seu último traballo discográfico “Dos años luz y cuarto”. Un traballo  no que se mestura dende a influencia minhota das concertinas, o r’roll americano e inglés, o tango finlandés, a música de Madagascar, os tambores de Bahía, ou a escena arty do New York de finais dos anos 70.  O que foi líder dos Coyotes estará acompañado en Tui sobre o escenario por Carlos López, contrabaixo; Carlos Mirat, batería; Javier Santos, guitarra, ukelele, casiotone e doo-rag e Lucas Fernández, batería e guitarra.

“Dos años luz y cuarto” saíu a rúa o pasado mes de abril, logo de ser xestado en parte en Tui coa colaboración de músicos da cidade coma Lucas Fernández ou Pancho Álvarez. Agora volve á cidade para coa colaboración de grandes músicos, algunha sorpresa e a mirada posta en Portugal ofrecer un formato máis amplo destas cancións.

 

Víctor Coyote en concerto

Data: Sábado 12 ás 20.30h

Lugar: Teatro Municipal

Entradas á venda na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 19h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.