Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

URXENTE: O Concello informa que a auga da traida municipal xa é apta para o consumo

4/03/2011

O Concello de Tui informa que a auga da traída xa é apta para o consumo segundo as últimas análises

 

Xoves, 3 de marzo de 2011. O Concello de Tui informa que segundo as últimas análises realizadas polos inspectores farmacéuticos de saúde pública onte mércores, 2 de marzo, a auga da traída xa é apta para o consumo ao estar os resultados obtidos “dentro dos límites esixidos no anexo I do Real Decreto 140/2003, o que permite o consumo de auga de dito abastecemento”. Así llo comunicou este mediodía a Xefetura Territorial da Consellería de Sanidade ao Concello de Tui.

 

Por tanto tras unha semana na que se desaconsellou empregar a auga da traída para beber o concello informa que o problema detectado coa presenza de trihalometanos está xa solucionado, logo do control realizado tanto no depósito como en distintos puntos da rede de distribución.

 

Tras as labores de limpeza dos depósitos que remataron o pasado venres, o valores de trihalomentos na auga baixaran xa a niveis normais segundo as análises do pasado venres, pero por precaución decidiuse continuar coa recomendación de non beber directamente esta auga por si nas tubaxes de condución podería quedar aínda algunha presenza deste compoñente.

 

Dende o Concello Tui piden desculpas aos veciños e veciñas polas molestias que o problema xurdido na auga da traída lles puido ocasionar, e lembra que dende hoxe volve ser apta para o consumo.