Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un centenar de arcos iluminan as rúas tudenses polo Nadal

13/12/2006

Un centenar de arcos iluminan as rúas tudense polo Nadal
O Concello asume en solitario o alumeado buscando dar un atractivo máis á cidade

Dende a pasada fin de semana as principais rúas de Tui locen xa o Alumeado de Nadal froito do traballo da Concellería de Cultura, Comercio, Turismo e Medios de Comunicación e da Concellería de Iluminación do Concello de Tui. Este alumeado acéndese cada ás 18h ata o 6 de xaneiro.

Un centenar de arcos foron colocados nas principais rúas tudense empregando na meirande parte delas unha nova iluminación con fío luminosos, microbombillas, lámpadas flash, tubo led, e lámpadas esféricas e pebetero.

No Paseo da Corredera hai un total de 20 arcos instalados repartidos entre a parte aberta ao tráfico e o propio paseo peonil con estrelas coma motivo.

Na rúa Ordóñez, Generalísimo, Rosa Bahamonde, Foxo e as súa travesías colocouse unha orixinal malla luminosa acompañada de estrelas en led vermello ou branco. Noutras rúas coma Calvo Sotelo, Coruña, Avenida da Concordia ou Colón optouse por unha iluminación máis tradicional con motivos navideños coma anxos, globos, pombas, lazos, regalos, estrelas ou racimos de uvas.

A este alumeado súmase a árbore de Nadal luminosa instalada na Praza de Galicia, e as figuras do Belén, tamén de luz, que adornan a Praza da Inmaculada, xunto ao fío de luz que perfila o Palco da Música no Cantón de Diomedes. Un ano máis o Concello aposta tamén pola decoración do gran abeto que está ao principio da Avenida da Concordia, para o que un ano máis se conta coa colaboración dos Bombeiros Voluntarios de Valença que acoden a Tui co camión grúa para axudar nas tarefas de iluminación dadas as grandes dimensións desta árbore.

A iluminación navideña vén acompañada amais de ambientación musical nas rúas que contribúe a ambientar estas datas.

Este ano o Concello de Tui asume en solitario o alumeado de Nadal, tanto a instalación coma o consumo, apostando así pola ambientación navideña que serva de reclamo á cidade tanto para os propios tudense coma para os posibles visitantes e que se converte así nun atractivo máis para a cidade.

A instalación da iluminación de Nadal foi adxudicada á empresa Electromiño por importe de 30 mil euros.

Desglose de arcos:

Paseo da Corredera – 20
Rúa Ordóñez – 8
Rúa Generalísimo – 3
Rúa Rosa Bahamonde - 6
Travesía Rosa Bahamonde – 1
Rúa Foxo – 3
Travesía Foxo – 2
Rúa Coruña – 3
Avenida da Concordia – 5
Rúa Colón 8
Rúa Compostela – 7
Rúa Augusto González Besada – 7
Plaza de Abastos – 1
Rúa Lugo – 3
Rúa Martínez Padín – 5
Avenida de Portugal – 5
Rúa Betanzos – 3
Rúa Mondoñedo – 2
Rúa Ourense – 2
Rúa Irmáns Maristas – 3
Rúa Camiño José Cela – 1