Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Últimas prazas os cursos IniciaTIC en Tui

4/10/2021

Quedan as últimas prazas vacantes para para os cursos gratuítos en transformación dixital para persoas emprendedoras, autónomas e PEMES que se impartirán na última quincena deste mes dentro do proxecto IniciaTic da Fundacion Cibervoluntarios

Versarán sobre Big Data, Ciberseguridade, Marketing Dixital, Comunicación e Xestión, Comercio Electrónico e Administración Electrónica.

As persoas interesadas deben enviar un correo a cfo@tui.gal ou poden contactar co 986 60 39 49.