Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui recibe case 140 mil euros da Deputación para reparar os danos causados polas inundacións provocadas polo temporal do fin de ano de 2022/23

8/10/2023

O Concello de Tui vai recibir unha subvención de 139.488 € da Deputación de Pontevedra para reparación de danos causados polas inundacións rexistradas entre o 24 de decembro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2023. Será ao abeiro da convocatoria de axudas realizada pola institución provincial para concellos da provincial. Este Plan da Deputación pretende facer fronte, precisamente, ás necesidades dos concellos, que tendo en conta o extraordinario da situación e da insuficiencia orzamentaria faise necesario artellar mecanismos de colaboración e cooperación entre administracións co obxectivo de contribuír á restauración comunitaria, urbanística e medioambiental da zona damnificada e que con iso se recupere a normalidade na prestación dos servizos á cidadanía e se axude a manter a actividade económica das zonas danadas.

En concreto os 139.488€ da achega provincial destinaranse ao arranxo de:

  • Desperfectos nas infraestruturas no camiño municipal. Paso sobre a Regueira do Cotarel.
  • Desperfectos nas infraestruturas no camiño municipal. Paso sobre a regueira da Fonte Febreiro.
  • Desperfectos nas infraestruturas, Pantalán na praia de Areeiros.
  • Danos por afundimento de pavimentos no centro Interfederado de Remo e piragüismo