Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui presenta un PACES con 29 medidas para reducir as emisións de CO2 nun 40% en 2030

20/11/2020

O pasado 19 de novembro presentouse na casa do concello de Tui o “Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)” realizado pola consultora Eptisa. O proxecto estivo subvencionado ao amparo das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible.

O documento comenza coa caracterización xeral do municipio recollendo a súa estructura, actividades económicas, infraestruturas viarias, hidroloxía, espazos naturais protexidos, montes veciñais en man común, saneamento e abastecemento de auga e xestión de residuos.

A continuación realiza un inventario das emisións que en 2010 foron de 68.518,29 toneladas de CO2, cunha tasx per cápita de 3,96 toneladas equivalentes de CO2 /hab. Detalla amais que os sectores que en maior medida contribúen ás emisións de CO2 a escala local, son o transporte privado e comercial - especialmente as emisións dos vehículos diésel- e as edificacións residenciais -especialmente polos consumos eléctricos e de Gas Natural.

En concreto o Plan recolle o obxectivo de reducir as emisión nun 40% no ano 2030.

Detalla amais as medidas para reducir o consumo enerxético tomadas dende 2010, ano de referencia. Así recolle a instalación dunha caldeira de pellets e emisores térmicos, no edificio da UNED de Tui, a mellora da eficiencia enerxética na iluminación pública do parque empresarial de Areas substituíndo as luminarias por tecnoloxía led, a auditoría de iluminación pública, a compra coche eléctrico e instalación de punto de recarga, e a redacción do Plan de mobilidade sustentable do concello de Tui.

O Plan recolle tamén unha avaliación local da vulnerabilidade e riscos contra o cambio climático e remata detallando o Plan de Acción para cumprir cos obxectivos fixados.

O primeiro obxectivo básico sinalado apóiase en dous complementarios: Minimizar o consumo enerxético no municipio e  Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables.

O documento detalla as liñas estratéxicas e a seguir as medidas a implantar  cada unha delas. Así o PACES de Tui conta cun total de 29 medidas, moitas das cales teñen un efecto sinérgico entre si ou resultan complementarias.

Por último o Plan de seguimento ten por obxecto verificar a correcta implantación das accións/medidas das PACES e o cumprimento dos obxectivos expostos en relación ás emisións.