Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui participou na segunda reunión do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia

23/06/2023

Adela Hernández, a representante de ‘ParTUIcipando’, o Grupo de Participación Infantil e Xuvenil de Tui, foi a participante tudense

Este xoves día 22 de xuño tivo lugar a segunda reunión do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia na sede da Xunta de Galicia. Ata alí desprazouse Adela Hernández, a representante tudense de ‘ParTUIcipando’, o Grupo de Participación Infantil e Xuvenil de Tui.

‘ParTUIcipando’ é unha iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Igualdade e Xuventude coa intención de ir dando pasos cara a obtención do selo de ‘Cidade Amiga da Infancia’ de UNICEF. O proxecto iniciou as actividades en centros escolares de Tui o pasado mes de novembro, para favorecer a construción da cidadanía activa das nenas, nenos e adolescentes como parte dunha sociedade democrática.

Na mesma reunión participaron mozas e mozos de toda Galicia para dar comezo á súa ocupación no CAIA (Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia). O CAIA está conformado por unha trintena de nenos, nenas e adolescentes de entre 8 e 17 anos procedentes dos Consellos Locais de Participación Infantil, impulsados por Unicef-Galicia, da Plataforma de Organización da Infancia de Galicia (POIG) e do Sistema de protección autonómico.

A primeira reunión do CAIA tivo lugar o pasado 21 de abril na Cidade da Cultura.