Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui entrou en nivel medio de restricción ás 00 h do sábado 24 de xullo

24/07/2021

Tui entrou en nivel medio de restriccións o sábado, 24 de xullo, ás 00 h segundo o establecido polo comitié clínico de Galicia. 

  • Establecementos de hostalaría e restauración: Interior 50% e Terrazas: 50%.
  • Os parques e xardíns públicos e praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00 horas. (Lei 8/2008, do 10 de xullo)
  • Lecer nocturno: permitido interior ao 50% (requiriráselles a presentación dun certificado) e terrazas ao 100%. Peche as 03:00 horas
  • Limitarase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de seis en espazos pechados e de dez en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes, ou agás que os encontros se produzan exclusivamente entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes.

Ordes

  • ORDE do 22 de xullo de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Ver Orde. DOG Núm. 139-BisXoves, 22 de xullo de 2021
  • CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Ver Correción Erros], DOG Núm. 140-BisVenres, 23 de xullo de 2021.
  • ORDE do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan da autorización xudicial para a súa eficacia. Ver Orde2. DOG Núm. 140-BisVenres, 23 de xullo de 2021