Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui entra o venres, 30 de abril, en nivel medio de restriccións

29/04/2021

O termo municipal de Tui entrará ás 00 h do venres 30 de abril de 2021 en nivel medio de restricción. Así o estableceu o Comité Clínico en función da situación epidemiolóxica tendo en conta a incidencia da COVID tanto a 7 coma a 14 días.  Así o recolleu o DOG nº 79 BIS publicado o mércores, 28 de abril. 

O cambio do nivel medio-baixo a medio conlevará principalmente cambios nos aforos nos establecementos de hostalería e nos de actividade cultural.  (Ver  DOG Núm. 52-Bis do mércores, 17 de marzo de 2021 coas medidas establecidas)

Así os establecementos de hostalería e restauración poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co cincuenta por centro (50 %) da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén servizo no interior cunha ocupación do 30 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser so caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas en terraza, ou de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas no interior, no caso de persoas non conviventes.

Na realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativos, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacional poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que se recomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible. A realización destes actos non se poderá superar o 30% cento da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 75 persoas para lugares pechados e de 150 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais, tanto de titularidade pública como privada, poderán realizarse actividades presenciais sen superar o 30% da capacidade máxima permitida.

Consultar as restricción de nivel medio.