Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui e Valença convocan un concurso de fotografía sobre a ponte internacional

7/02/2011

O CONCELLO DE TUI E A CAMARA DE VALENÇA CONVOCAN UN CONCURSO DE FOTOGRAFIA SOBRE A PONTE INTERNACIONAL

 

É unha das actividades conmemorativas dos 125 anos da súa inauguración

 

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho convocan un concurso de fotografía sobre a ponte internacional que une ambas cidades aberto á participación dos afeccionados á fotografía. Este concurso, ao igual que o xa finalizado de elección do cartel, forman parte do programa de actividades conmemorativas do 125 aniversario da inauguración desta ponte que tivo lugar o 25 de marzo de 1886.

 

Con este concurso se pretende resaltar a ponte internacional sobre o río Miño, que será a protagonista das fotografías participantes; cada concursante pode participar ata con tres fotografías (independentes ou conformando unha serie). O tamaño ou mancha da imaxe será, como mínimo, de 24 cm no seu lado menor, tendo que ser presentadas ao concurso montadas sobre soporte ríxido de 40 x 50 cm.

 

Se establecen os seguintes premios: un primeiro premio de 700 euros e un segundo premio de 300 euros (suxeitos á lexislación fiscal española). O prazo de presentación do traballos remata o 1 de marzo e os interesados poden presentalos tanto na Cámara Municipal de Valença  como na Biblioteca Municipal de Tui. Coas obras presentadas se realizaran senllas exposicións nos municipios de Tui e Valença do Minho.

 

O xurado do concurso atenderá aos seguintes criterios á hora de emitir o seu fallo:

- A creatividade, a orixinalidade e o interese do traballo.

- A adecuación da/s fotografía/s á temática do concurso

- O concepto ou idea que pretende transmitir e o seu impacto visual

 

Con esta nova iniciativa ambos municipios continúan traballando conxuntamente na organización das actividades arredor deste acontecemento que simboliza a unión entre as terras de Galicia e Portugal.