Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui e Valença celebran a súa Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença

5/01/2024

Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ás 16 h á estación de tren de Valença.  A parte final do percorrido cambia e rematará no Teatro Municipal onde terá lugar a recepción aos nenos e nenas

Todo preparado para que as súas Maxestades de Oriente realicen esta tarde un percorrido internacional entre Tui e Valença. Chegarán á Eurocidade en tren, á estación do ferrocarril de Valença ás 16 h da tarde. Unha hora despois, ás 17 h, xunto coa súa comitiva, formada por máis de 200 persoas iniciarán o percorrido que os levará até o centro urbano de Tui.  Os Reis irán en tres magníficas carrozas, e na comitiva participan tamén as carrozas das asociacións culturais Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe. Porán música a este evento a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro e as charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo. No seu percorrido repartirán 1.500 quilos de caramelos sen glute. 

Dende a Estación do Tren de Valença o percorrido continuará polas avenidas do Colégio Portugués e Miguel Dantas, a rotonda da Trapicheira, a Avenida de Espanha, a vella Ponte Internacional, para entrar a Tui pola Avenida de Portugal, as rúas Martínez Padín e Augusto González Besada, para xirar cara a praza da Galicia, e continuar polas rúas Lugo, Ourense, e Colón. 

Xa no interior do Teatro Municipal, os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas que desexen saudalos  e compartir con eles os seus soños e desexos para esta noite máxica.

Colaboran neste evento a Garda Nacional Republicana, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, Protección Civil de Tui, Policía Local de Tui, o grupo Scouts Aloia, e a Radio Municipal de Tui.Colaboran neste evento a Garda Nacional Republicana, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, Protección Civil de Tui, Policía Local de Tui, o grupo Scouts Aloia, e a Radio Municipal de Tui.