Tui despide este domingo ás 19,30 o Entroido co Enterro do Bacallau
Tui despide este domingo o Entroido co Enterro do Bacallau
Máis de 600 persoas participarn neste acto festivo
Tui despide este domingo o Entroido coa celebración do Enterro do Bacallau que partirá da Praza de San Fernando, ás 19.30 h.
A comitiva dirixirase pola rúa Seixas, Ordóñez e Paseo da Corredoira, onde se fará unha parada no Cantón de Diómedes para ler as coplas, debéndose entregar previamente unha copia á organización, coa cara descuberta, por parte das comparsas que así o desexen.
O percorrido do enterro continuará pola Praza da Inmaculada, Augusto González Besada, enlace travesía de Ourense e Aparcamento Municipal, onde se procederá á cerimonia do enterro mediante incineración.
Lembramos que todas as comparsas que o martes participaron no Desfile-Concurso deben asistir este domingo, de rigoroso loito ao Enterro de Bacallau para poder cobrar os seus premios e accésit. Por este motivo serán más de 600 as persoas que participen no peche do Entroido en Tui.